viernes, 3 de marzo de 2023

SESIÓN FEBREIRO 2023

 

O alumnado estivo traballando cos circuítos eléctricos para os que precisamos catro elementos básicos: un xerador (pila), un receptor (lámpada), un condutor (cobre, papel aluminio) e un interruptor. 

As experiencias que se levaron a cabo foron dúas concretamente. Unha actividade consistiu en crear un circuíto eléctrico sobre unha base e probar o interruptor con diferentes materiais: clips, la, plastilina, sal, depresores, plástico, papel, arame de cobre, limón, pataca… Poñían os materiais e ían probando a medida que facían conclusións e creaban as súas propias hipóteses. 

No seguinte experimento fixemos unha tarxeta con luz. O alumnado primeiro creou o seu deseño de tarxeta e decidiu onde quería incluír a lámpada LED. Algúns exemplos das creacións foron: among us con luz na pantalla, casa con luz nas fiestras, boneco con luz nos ollos, tarta con luz nas velas…

CONCLUSIÓNS: A través destes experimentos puideron aprender sobre a transformación da enerxía e como a enerxía pasa dun lugar a outro se ten un transmisor da mesma. Tiñan que estar pendentes de observar ben cales eran os erros e se non se emitía luz que era o que tiñan que mellorar no seu circuito (posición do LED, posición do interruptor, que o circuíto estivese ben pechado… 



No hay comentarios:

Publicar un comentario