viernes, 20 de diciembre de 2019

SESIÓN 3 : XEOMETRÍA CREATIVA.


1. VISUALIZAR VÍDEO DA XEOMETRÍA.



 2. COMENTARIO DO VÍDEO. 

ELEMENTOS FUNDAMENTAIS DA XEOMETRÍA: PUNTOS LIÑAS, PLANO E ESPAZO.

3. TRABALLO EN EQUIPO:

- Partindo de tarxetas con representacións de figuras xeométricas tentamos construilas con paus e plastilina.




-Tangram. Explicación do xogo chinés.


Recortar as 7 pezas e formar varias figuras, letras ou números.


. Círculo waldorf para multiplicar.


- Creación dunha figura con tiras de papel ou piramides.






miércoles, 27 de noviembre de 2019

SESIÓN 2: DENSIDADES

 1. MEDIR A DENSIDADE DE DIFERENTES LIQUIDOS UTILIZANDO UN DENSÍMETRO.

Utlizamos os seguintes líquidos: Caramelo líquido, xabón, auga con colorante, aceite , alcohol con colorante.

En equipo se reflexiona sobre os líquidos que temos e a súa posible densidade.

Para facer as medicións aprendemos a usar un densímetro.



2. TORRE DE LIQUÍDOS.

Pasamos a segunda tarefa que consiste en crear cós liquidos anteriores unha torre. O líquido máis denso é o que pesa máis por iso vai colocarse máis abaixa e o que ten unha densidade menor vai colocarse áis arriba. Pra conseguie que as cores queden claramente definidas é importante que se introduzcan os luidos por orden de densidade.



3. LÁMPADA DE LAVA.

Os materiais empregados son:
- 1 vaso de plástico.
- Colorante.
- Pastillas efervescentes.
- Aceite.
- Auga.
- Linterna para ver o efecto.

PASOS:
a) Encher un bote de cristal con auga ata a metade(Canto máis alto o bote mellor veremos o efecto).
b)Añadir unhas gotas de colorante e revolver ben para que se mezcle coa auga.
c) Encher o bote con aceite.
d) Deixar en reposo uns minutos. Poñer unha luz debaixo do bote de cristal.
e) Botar unha pastilla efervescente.


4. DENSIDADE DOS OVOS.

1. Coller dous recipientes transparentes.
2.  Encher  con auga.
3.  A un dos recipientes botar sal.
4. Meter un ovo en cada recipiente.
5.  Comprobar como na auga salgada o ovo ten menor densidade.





miércoles, 30 de octubre de 2019

INAGURACIÓN CLUB DE CIENCIAS 2019-2020


Comezamos con moita ilusión o Club de Ciencias este Curso e acompañad@s dun invitado moi especial: David Ballesteros.

David é un profe vocacional e un divulgador científico, defensor da experimentación e a investigacións nas aulas.



Despois de facer un espectáculo sorprendentemente científico todos a ... EXPERIMENTAR: coa densidade, composición e descomposición de cores ,disolucións, creación de SLIMES....





MOITAS GRAZAS DAVID.


miércoles, 5 de junio de 2019

SEXTA E CLAUSURA DO CLUB

Nesta quenda reunímonos os dous grupos do Club de Ciencias . O obxectivo foi gozar dunha sesión moi Científica e de Convivencia.

Ao chegar visualizamos un video resumo das actividades que fixemos ao longo do curso.



A continuación..... a traballar!! organizámonos en catro recunchos.

RECUNCHO 1. "CAIXAS MATEMÁTICAS".

Pensando e resolvendo enigmas matemáticos , en equipo os peques foron  capaces de discurrir os códigos para poder abrir as caixas e así chegar ata o tesouro final. Un saquiño con moedas de Chocolate!!!


RECUNCHO 2. " CONSTRUCCIÓN DE SUDOKUS XIGANTES EN EQUIPO"


RECUNCHO 3: ROBÓTICA + GLOBOS.

Foi moi divertido programar aos nosos MBOTS para que foran capaces de estoupar globos.


Aproveitamos para xogar coa electricidade estática . Frotamos os globos co cabelo e xustiño despois se coloca enrriba, non falla! O cabelo como por arte de maxia ponse cara arriba, os electróns do cabelo pasan ao globo.


RECUNCHO 4: "RETO MATEMÁTICO"
 Consigue meter 4 de sal nun vaso, partindo dun de tres e dun de 5.



O reto pódese coseguir de dúas maneiras.

Na sesión anterior experimentamos facendo queixo e hoxe foi o momento de probalo.

E para clausurar o Club deste curso presentouse un video onde os nen@s expresan o seu sentir nesta experiencia do Club de Ciencias  
Tamén fixemos un círculo onde se compartiron as actividades que máis lle gustaron a cada un e por qué.

GRAZAS A TOD@S OS MEMBR@S DO CLUBE!!!





domingo, 2 de junio de 2019

QUINTA SESIÓN

Esta sesión traballamos coa Robótica fixémos robots con placas solares e construímos mans robóticas.







Coñecemos diferentes FUNGOS que se emprengan para elaborar alimentos e reconecémolos como seres vivos polas súas características: nacen, aliméntanse, crecen, reprodúcense e morren.

Kéfir (fungo curativo),  o Kéfir compónse de fermentos,proteínas e polisacáridos.Alimentasa da lactosa a azucre que están presente de xeito natural no leite. O kéfir alimentado con leite  produce iogurt .



Fixemos queixo con leite e callo.
Nunha queixeira , á temperatura idónea e en  24 horas ....Tivemos queixo!!!




Experimentamos con fermento.
Dúas botellas con auga, botamos fermento en cada botella.
 Nunha das botellas metimos azucre e noutra non...Colocamos as dúas botellas na fiestra e puxemos globos de tapa.
Esperamos uns intres e observamos que o globo da botella na que botamos azucre se infla debido ao crecemento e desprendemento de gas do fermento.




jueves, 28 de marzo de 2019

CUARTA SESIÓN

Nesta cuarta sesión xogamos coas MATEMÁTICAS e recoñecemos a súa importancia nas nosas vidas.
As veces pode que non nos deamos conta pero as mates son utilizadas constantemente no noso día a día.
Ademáis fixemos comedeiros de paxaros para o noso patio.
 Organizámonos en recunchos Rotativos.

Recuncho 1: Caixas matemáticas.

Catro Caixas con pistas , resolvendo as pistas chegaremos ao tesouro da caixa final.


Recuncho 2:Cinta de Moebius.

A cinta de Moebius é unha superficie cunha soa cara e un so borde. Ten a propiedade matemática de ser un obxecto non orientable.


Recuncho 3:  Xogo "A Colmea Rota"

Trátase dun xogo onde debes de conseguir poñer os hexágonos sobre a base da colmea de forma que os números que aprecen en cada lado do hexágono coincidan cós do hexágono adxacente.




Recuncho 4: Comedeiros de Paxaros. 

Investigamos razóns polas que ter comedeiros no noso patio, posibles habitantes e coidados básicos dos comedeiros e sitios onde poder colocalos.

Botes , cintas de cores, paus e..... a crear!!!!



domingo, 24 de febrero de 2019

TERCEIRA SESIÓN

Nesta sesión experimentamos coa auga e recoñcémola como ELEMENTAL nas nosas vidas.
Organizámonos en recunchos rotatorios.

1.PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES.

"Todo corpo sumerxido ou parcialmente sumerxido experimenta un empuxe vertical e cara arriba igual ao peso do volumen do líquido que desaloxa".



2.CICLO DA AUGA.



3. LEY DA REFRACCIÓN.

"É o cambio que experimentaun raio de luz cando pasa dun medio transparente a outro tamén transparente"





4. SONIDOS GRAVES E AGUDOS EN VASOS CON AUGA.

Experimentamos co Diapasón.... Canta màis cantidade de auga máis grave é o sonido que se forma ao chocar o diapasón co cristal.





5. QUE NECESITAMOS PARA FORMAR UN ICEBERG?



Xeo e auga a -18º .

6. ESTADOS DA AUGA. EN QUE SOPORTE SE DERRETE ANTES A AUGA?
INVESTIGAMOS.




Derrétese antes sobre aluminio.

7. TENSIÓN SUPERFICIAL DA AUGA.

Cantas gotas se poden colocar sobre unha moeda sen que a auga se desborde?

Despois votamos unhas gotas de xabón na auga, mezclamos ben e repetimos o experimento.
Cantas gotas fan falta agora?



8. PROPIEDADES DA AUGA.

Buscamos información e facemos un Thinking Maps.




9. FACEMOS POMPAS DE XABÓN.

INGREDIENTES: Glicerina, auga e xabón.



10. QUÉ PASA CANDO UNHA POMPA DE XABÓN ENTRA NUN CUBO?.




Kirchhoff-Plateau refírese ás formas de equilibrio das películas de xabón que abarcan bucles flexibles.

CONTINUAMOS CONSTRUÍNDO O NOSO HOTEL DE BICHOS. 
ESTÁ QUEDANDO CHULÍSIMO!!!






domingo, 27 de enero de 2019

2ª SESIÓN



Comezamos as sesións cun video sobre a importancia de ter un "Hotel de bichos" no horto do colexio,
Despois de analizar o video e establecer un pequeno diálogo aprendemos que o obxectivo principal deste hotel e atraer insectos beneficiosos para combater pragas e polinizar o noso horto ecolóxico.

Nestas últimas semanas un "Hotel " chegou ao noso horto....



Agora é  o momento de acondicionalo para atraer aos seus convidad@s....

Nestas sesións os nen@s pasan por catro actividades rotatorias diferentes:

ACTIVIDADE 1: Escaleira infinita.
O obxectivo é formar unha escaleira utilizando paus de madeira, de xeito que ,o último deles , o superior, quede por diante da que está máis abaixo.
Para iso existe unha fórmula matemática para resolvelo!!!!
Este foi o resultado.




ACTIVIDADE 2: Construir un Circuito Simple .
Necesitamos os seguintes materiais:
-Plastilina conductiva e plastilina non conductiva.
-Pila.
- Led
- Cable vermello e cable negro.

A pila xenera enerxía, o fluxo de electróns que correrá polo noso circuito.
A pila ten dous terminales un postivo(+) e outro negativo (-) que se conectarán cos cable vermello (+) e o negro (-).
O terminal máis largo do led é positivo (+) conectaráse ao pedazo de plasti conectado ao terminal positivo da pila e o máis corto ao negativo,e....
A LUZ ACENDE!!!!



ACTIVIDADE 3: Serías capaz de meter un papel na auga sen que se molle?
Aprendemos co aire ocupa lugar.



ACTIVIDADE 4: "Hotel de Bichos"
Saimos ao patio a colocar elementos que trouxeron os nen@s nos diferentes pisos do hotel: tellas, paos, ladrillos....


Despois investigamos coas tablets sobre os nosos posibles convidad@s: xoaniñas,abellas, crisopas verdes, vespas ou sirífidos e rexistramos nun caderno  as características principais de cada un deles, o que necesitan para vivir e posibles prags que convaten.


Aqui vos deixamos uns videos co resumo destas sesións do Noso  Club de Ciencias, que está resultando XENIAL!!

NEN@S DE PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO.


NEN@S DE CUARTO, QUINTO E SEXTO.