domingo, 27 de enero de 2019

2ª SESIÓN



Comezamos as sesións cun video sobre a importancia de ter un "Hotel de bichos" no horto do colexio,
Despois de analizar o video e establecer un pequeno diálogo aprendemos que o obxectivo principal deste hotel e atraer insectos beneficiosos para combater pragas e polinizar o noso horto ecolóxico.

Nestas últimas semanas un "Hotel " chegou ao noso horto....



Agora é  o momento de acondicionalo para atraer aos seus convidad@s....

Nestas sesións os nen@s pasan por catro actividades rotatorias diferentes:

ACTIVIDADE 1: Escaleira infinita.
O obxectivo é formar unha escaleira utilizando paus de madeira, de xeito que ,o último deles , o superior, quede por diante da que está máis abaixo.
Para iso existe unha fórmula matemática para resolvelo!!!!
Este foi o resultado.




ACTIVIDADE 2: Construir un Circuito Simple .
Necesitamos os seguintes materiais:
-Plastilina conductiva e plastilina non conductiva.
-Pila.
- Led
- Cable vermello e cable negro.

A pila xenera enerxía, o fluxo de electróns que correrá polo noso circuito.
A pila ten dous terminales un postivo(+) e outro negativo (-) que se conectarán cos cable vermello (+) e o negro (-).
O terminal máis largo do led é positivo (+) conectaráse ao pedazo de plasti conectado ao terminal positivo da pila e o máis corto ao negativo,e....
A LUZ ACENDE!!!!



ACTIVIDADE 3: Serías capaz de meter un papel na auga sen que se molle?
Aprendemos co aire ocupa lugar.



ACTIVIDADE 4: "Hotel de Bichos"
Saimos ao patio a colocar elementos que trouxeron os nen@s nos diferentes pisos do hotel: tellas, paos, ladrillos....


Despois investigamos coas tablets sobre os nosos posibles convidad@s: xoaniñas,abellas, crisopas verdes, vespas ou sirífidos e rexistramos nun caderno  as características principais de cada un deles, o que necesitan para vivir e posibles prags que convaten.


Aqui vos deixamos uns videos co resumo destas sesións do Noso  Club de Ciencias, que está resultando XENIAL!!

NEN@S DE PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO.


NEN@S DE CUARTO, QUINTO E SEXTO.