jueves, 28 de marzo de 2019

CUARTA SESIÓN

Nesta cuarta sesión xogamos coas MATEMÁTICAS e recoñecemos a súa importancia nas nosas vidas.
As veces pode que non nos deamos conta pero as mates son utilizadas constantemente no noso día a día.
Ademáis fixemos comedeiros de paxaros para o noso patio.
 Organizámonos en recunchos Rotativos.

Recuncho 1: Caixas matemáticas.

Catro Caixas con pistas , resolvendo as pistas chegaremos ao tesouro da caixa final.


Recuncho 2:Cinta de Moebius.

A cinta de Moebius é unha superficie cunha soa cara e un so borde. Ten a propiedade matemática de ser un obxecto non orientable.


Recuncho 3:  Xogo "A Colmea Rota"

Trátase dun xogo onde debes de conseguir poñer os hexágonos sobre a base da colmea de forma que os números que aprecen en cada lado do hexágono coincidan cós do hexágono adxacente.




Recuncho 4: Comedeiros de Paxaros. 

Investigamos razóns polas que ter comedeiros no noso patio, posibles habitantes e coidados básicos dos comedeiros e sitios onde poder colocalos.

Botes , cintas de cores, paus e..... a crear!!!!