martes, 11 de diciembre de 2018

INAUGURAMOS O CLUB!!!


Durante estas primeiras sesións o primeiro que fixemos foi reflexionar sobre que é a Ciencia







Despois por estacións fixemos distintos experiementos en equipo onde íbamos cubrindo a folla de rexistro: Así experimentamos coa densidade dos rotus e da auga; a construción dunha ponte cun folio que aguantase un coche; xogamos cos imáns e as forzas para mover obxectos; calculamos a letra do DNI cun algoritmo e pensamos como explicar a paradoxa do cadrado perdido (unha barra de chocolate tras quitarlle un anaco parece do mesmo tamaño).

 

Para rematar Sara, a nosa bióloga, mandounos a primeira misión: traer material para construír un hotel de insectos.