domingo, 7 de febrero de 2021

SESIÓNS TELEMÁTICAS XANEIRO E FEBREIRO : "A FORZA DO PAPEL"






Cada membro do Club recibe o enlace e os materiais necesarios e... LISTOS para COMEZAR o noso primeiro CLUB DE CIENCIAS TELEMÁTICO!!!

EXPERIMENTO 1.PIARES  DE PAPEL. 

Cantos libros crees que poden soster catro follas de papel ? é posible que a resposta nos sorprenda...

A través do chat fixéronse hipótesis, despois experimentamos e...sacamos conclusións.!!



Unha folla de papel plana noné moi forte pero cando se enrola formando un cilindro (pilar) convertese nunha estrutura ríxida. O dispoñer de catro piares( un en cada esquina) , o peso dos libros se distibue e os piares soportan máis carga. Esta configuración proporciona a combinación ideal de forza e equilibrio.


EXPERIMENTO 2: TORRE DE TRIÁNGULOS.

Cómo podes facer cartolinas o suficentemente sólidas para utilizalas como material de construcción?

A través do chat fixéronse hipótesis, despois experimentamos e...sacamos conclusións.!!

POIS... FORMANDO TRIÁNGULOS EQUILATEROS CON ELAS!!




Os triángulos son a forma máis forte e estable para construir. Os triángulos empregados  son equiláteros , isto quere dicir que os seus tres lados teñen a mesma lonxitude, o que os fai máis fortes. 

O triángulo e así de forte grazas ao difícil que resulta deformalo( romperíase antes de que isto sucedera).

Se utilizamos cadrados e exercemos presión na parte de arriba , deformaríanse inclinándose cara un dos seus lados , é dicir, a estructura desmoronaríase.

                                              EXPERIMENTO 3: PETARDO DE PAPEL

Queres converter unha folla de papel nun petardo? Segue o paso a paso.

Experimentamos e ... Sacamos Conclusións!!


O petardo de papel funciona grazas a presión do aire. Cando se baixa moi deprisa , o aire introdúcese nas dobras de papel de dentro e as obriga a abrirse tan rápido que se produce o estruendo.

VIDEO RESUMO DO PRIMEIRO CLUB DE CIENCIAS TELEMÁTICO.