jueves, 22 de diciembre de 2022

SESIÓN DECEMBRO 2022

 

Despedimos o primeiro trimestre cunha xornada moi entretida na cal tiveron cabida diferentes estacións científicas de nadal.

Cociñamos turrón falando primeiramente dos ingredientes dos que dispomos para seguidamente adentrarnos na elaboración da receita. Durante o proceso fomos descubrindo os diferentes cambios de estado. Outro experimento de Nadal foi  elaborar neve artificial  o que nos permitiu ir experimentando coas cantidades para conseguir así diferentes efectos.

A construción de estruturas de xeo instantáneo gustoulle moito ao alumnado tendo que por a proba a súa paciencia no transcurso do proceso para, finalmente, conseguir o resultado esperado.

 CONCLUSIÓNS: as experiencias que se levaron a cabo resultaron moi dievrtidas para o alumnado o que fixo que estivesen moi motivados e participativos durante a xornada. 



viernes, 2 de diciembre de 2022

SESIÓN NOVEMBRO 2022

 

As experiencias que se levaron a cabo na segunda sesión do club de ciencias xiraron entorno á experimentación con reaccións químicas. Comezamos falando un pouco acerca de qué entendemos por este termo para posteriormente dar paso aos experimentos que tiveron lugar en cada un dos grupos de traballo. Adxuntamos a presentación empregada nesta fase inicial previa á posta en práctica de cada un dos experimentos.

O alumnado pintou con sal as súas creacións propias libres comprobando a capacidade que ten o sal para absorber a humidade. Tamén descubrimos o que acontece coa fermentación empregando levadura, azúcar e un globo conseguindo como resultado que éste se infle. Outra das propostas que se levaron foi a elaboración de slime. Isto permitiu ir facendo comprobacións coas cantidades indicadas e introducir modificacións para obter finalmente a densidade esperada.

CONCLUSIÓNS: o alumnado foi expoñendo as súas aprendizaxes en canto a reaccións químicas se refire a raíz de desenvolver cada experimento. De forma xeral, podemos dicir que o pasaron xenial permanecendo conectados e motivados co que se estaba a facer en todo momento.



martes, 1 de noviembre de 2022

SESIÓN OUTUBRO 2022

 


BENVIDA: Comezamos a xornada cunha motivación inicial, inaugurando o comezo do club de cencias. Para iso, colocámonos en gran grupo, presentamos ás profes que traballarán no club de ciencias ao longo do curso e distribuímos as batas. Asimesmo, tamén explicamos as propostas que terán lugar nesta primeira xornada.

As experiencias que se levaron a cabo estiveron guiadas polas mestras nos pequenos grupos de traballo. O alumnado experimentou facendo mesturas con diferentes sustancias, botellas gasosas e globos conxelados facendo uso de pipetas. Outra das propostas levadas a cabo foi a piscina con sustancias newtonianas na cal o alumnado tiña que intentar sair da mesma experimentando coa presión da forza nos pés.

CONCLUSIÓNS: o alumnado foi expoñendo as súas aprendizaxes a raíz de desenvolver cada experimento. Tiñan cabida en todo momento as súas aportacións e pensamento crítico cara o acontecido. Os resultados foron os esperados no sentido de que o alumnado quedou motivado e con ganas de asistir á vindeira sesión do Club. 



miércoles, 25 de mayo de 2022

SESIÓNS MAIO E CLAUSURA DO CLUB DE CIENCIA 2021-22

 DERRADEIRA SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA!!!!!


Para dar por finalizado este ano de club de ciencia o alumnado participou no Show científico levado a cabo por David Ballesteros. Os protagonistas da xornada foron elas e eles xa que en todo momento ían facendo os experimentos do Show con David e facendo pescudas sobre as hipóteses dos experimentos e sobre o que finalmente acontecía. 
David fixo que o alumnado estivera aínda mais motivado cara a ciencia e non paraban de facer preguntas e de dar ideas sobre o que acontecía e o que observaban. 

Grazas David!!!!! Pasamolo de medo!!!!!! Ata o ano que ven queridiño club de ciencia! 

  • Aquí deixamos un breve video sobre o resumo da xornada:


  • Ademais, tamén compartimos o link do Instagram do cole coas fotografías mais relevantes da xornada: 

viernes, 29 de abril de 2022

SESIÓNS ABRIL 2022: O IMPACTO DO SER HUMANO NO CICLO DA AUGA

 


Nunha nova xornada de club de ciencias hai que sinalar que o alumnado tivo a sorte de participar nunha sesión guiada por un experto científico en bioloxía, un papá da nosa escola que se prestou voluntario para facer de axente motivacional para o noso alumnado. 

As sesións estiveron guiadas en torno ao Impacto do ser humano no ciclo da auga e desfrutamos de catro experimentos

  • Chuvia ácida. Comparación do PH de diferentes augas mediante o papel indicador (auga simulando chuvia ácida, auga de Tui e auga embotellada). 


  • Auga potable? Observar o efecto do hipoclorito de sodio na auga coloreada cunhas gotas de colorante alimenticio. 

  • EDAR. Potabilización da auga. Observar a decantación do aceite. Que ocorre coas cousas que vertemos polo lavabo na casa? Podemos verter aceite? 

  • Papel hixiénico e toalliñas, que é o que non podemos tirar no WC? O obxectivo foi observar como se comporta o papel de baño e as toalliñas na auga e as diferencias entre ambos. 
 



Deixamos un mini video resumo con algunha foto da xornada: 
 

SESIÓNS MARZO 2022: EXPERIMENTOS CO PH

 



Nestas sesións tivemos a sorte de contar coa visita dunha científica, unha amiga dunha profe do club de ciencia que está estudando química e prestouse a investigar con nós acerca da cromatografía. As xornadas desenvolvéronse do seguinte xeito: 

  1. Experimento capas finas: 
http://www.quimica2011.es/sites/default/files/cromatografia_color.pdf




      2. Experimentos PH. 



       
        3. Experimentos con plantas, flores e verduras. O alumnado experimentou que dependendo do     PH as cores cambian. Experimentaron con elementos diversos que facían variar o PH: limón, bicarbonato, acetona, vinagre, amoníaco... 


  • O video resumo: 

lunes, 28 de febrero de 2022

SESIÓNS FEBREIRO 2022: PROXECTOR CASEIRO

 


Para estas sesións o alumnado estivo traballando na creación e elaboración do seu propio proxector caseiro. 
Para a súa elaboración solicitamos axuda ás nosas familias pedindo que trouxeran unha caixa de cartón de zapatos baleira. 
Fixemos a compra das lupas para utilizar nos proxectores e aquí vos deixamos o resultado das sesións. 
O alumnado quedou moi motivado!!!! Todos e todas levaron os seus respectivos experimentos para casa. 


  • Video resumo da xornada de proxectores: 


Nas sesións o alumnado tiña a súa disposición unha pequena inforgrafía cos pasos a seguir para a súa confección, de cara a compartir a información con apoios visuais: 




lunes, 31 de enero de 2022

SESIÓNS XANEIRO 2022: EXPERIMENTANDO COA LUZ



Nestas sesións o alumnado estivo experimentando coas seguintes propostas científicas: 

  1. Que hai na miña boca? A idea foi facer un microscopio caseiro. Tiveron que agarrar o láser a un soporte con cinta para deixalo fixo e observamos a visualización das bacterias e microorganismos.
  2. Facemos luz ultravioleta: Con lanternas e papel traslúcido pintado con rotulador permanente azul conseguimos o resultado esperado. Despois xogaron a escribir mensaxes secretos.
  3. Podes ver a túa voz? A partir das vibracións sonoras o alumnado observa a súa voz utilizando unha lata, un globo e un punteiro láser. 
  4. Explosión dun globo coa corteza da laranxa. 
 Elaboráronse algúns videos tutoriais para guiar as mestras previamente de cara a posta en prática dos experimentos durante as xornadas do club, así coma para mostrar ao alumnado as evidencias científicas: 





Para rematar deixamos a entrada de instagram desta xornada do club de ciencia na que se mostran mais imaxes: https://www.instagram.com/p/CZKvTqeq5cI/?utm_source=ig_web_copy_link 

Tamén deixamos o video resumo colgado na nosa canle de Youtube: