miércoles, 31 de octubre de 2018

3,2,1...COMEZAMOS

Benvidos ao Club de Ciencias do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui!!!

Todo listo para comezar esta gran aventura que dará comezo o 27 e 28 de novembro.

 

Neste blog contaremos as nosas experiencias e ademais o xestionarán os alumnos con fotos, vídeos e explicacións das dinámicas do club.
NESTE CLUB CONVERTIRÉMONOS EN BIÓLOGOS
Un biólogo é o que "estuda os seres vivos como animais ou plantas, e o mundo que lles rodea, para entender mellor o medio ambiente, a xenética e a bioloxía animal ou vexetal".
Aprenderemos un montón sobre os animais e os seus hábitats e teremos diferentes misións como a de analizar problemas relacionados coa protección das especies animais e o coidado do seu medio, e para isto o traballo cooperativo será fundamental.
Ademais para comezar esta gran aventura teremos que equiparnos coa roupa e instrumentos apropiados
“ASÍ QUE…, AO ATAQUE PEQUENOS BIÓLOG@S!!!”