miércoles, 5 de junio de 2019

SEXTA E CLAUSURA DO CLUB

Nesta quenda reunímonos os dous grupos do Club de Ciencias . O obxectivo foi gozar dunha sesión moi Científica e de Convivencia.

Ao chegar visualizamos un video resumo das actividades que fixemos ao longo do curso.



A continuación..... a traballar!! organizámonos en catro recunchos.

RECUNCHO 1. "CAIXAS MATEMÁTICAS".

Pensando e resolvendo enigmas matemáticos , en equipo os peques foron  capaces de discurrir os códigos para poder abrir as caixas e así chegar ata o tesouro final. Un saquiño con moedas de Chocolate!!!


RECUNCHO 2. " CONSTRUCCIÓN DE SUDOKUS XIGANTES EN EQUIPO"


RECUNCHO 3: ROBÓTICA + GLOBOS.

Foi moi divertido programar aos nosos MBOTS para que foran capaces de estoupar globos.


Aproveitamos para xogar coa electricidade estática . Frotamos os globos co cabelo e xustiño despois se coloca enrriba, non falla! O cabelo como por arte de maxia ponse cara arriba, os electróns do cabelo pasan ao globo.


RECUNCHO 4: "RETO MATEMÁTICO"
 Consigue meter 4 de sal nun vaso, partindo dun de tres e dun de 5.



O reto pódese coseguir de dúas maneiras.

Na sesión anterior experimentamos facendo queixo e hoxe foi o momento de probalo.

E para clausurar o Club deste curso presentouse un video onde os nen@s expresan o seu sentir nesta experiencia do Club de Ciencias  
Tamén fixemos un círculo onde se compartiron as actividades que máis lle gustaron a cada un e por qué.

GRAZAS A TOD@S OS MEMBR@S DO CLUBE!!!





domingo, 2 de junio de 2019

QUINTA SESIÓN

Esta sesión traballamos coa Robótica fixémos robots con placas solares e construímos mans robóticas.







Coñecemos diferentes FUNGOS que se emprengan para elaborar alimentos e reconecémolos como seres vivos polas súas características: nacen, aliméntanse, crecen, reprodúcense e morren.

Kéfir (fungo curativo),  o Kéfir compónse de fermentos,proteínas e polisacáridos.Alimentasa da lactosa a azucre que están presente de xeito natural no leite. O kéfir alimentado con leite  produce iogurt .



Fixemos queixo con leite e callo.
Nunha queixeira , á temperatura idónea e en  24 horas ....Tivemos queixo!!!




Experimentamos con fermento.
Dúas botellas con auga, botamos fermento en cada botella.
 Nunha das botellas metimos azucre e noutra non...Colocamos as dúas botellas na fiestra e puxemos globos de tapa.
Esperamos uns intres e observamos que o globo da botella na que botamos azucre se infla debido ao crecemento e desprendemento de gas do fermento.