jueves, 22 de diciembre de 2022

SESIÓN DECEMBRO 2022

 

Despedimos o primeiro trimestre cunha xornada moi entretida na cal tiveron cabida diferentes estacións científicas de nadal.

Cociñamos turrón falando primeiramente dos ingredientes dos que dispomos para seguidamente adentrarnos na elaboración da receita. Durante o proceso fomos descubrindo os diferentes cambios de estado. Outro experimento de Nadal foi  elaborar neve artificial  o que nos permitiu ir experimentando coas cantidades para conseguir así diferentes efectos.

A construción de estruturas de xeo instantáneo gustoulle moito ao alumnado tendo que por a proba a súa paciencia no transcurso do proceso para, finalmente, conseguir o resultado esperado.

 CONCLUSIÓNS: as experiencias que se levaron a cabo resultaron moi dievrtidas para o alumnado o que fixo que estivesen moi motivados e participativos durante a xornada. 



viernes, 2 de diciembre de 2022

SESIÓN NOVEMBRO 2022

 

As experiencias que se levaron a cabo na segunda sesión do club de ciencias xiraron entorno á experimentación con reaccións químicas. Comezamos falando un pouco acerca de qué entendemos por este termo para posteriormente dar paso aos experimentos que tiveron lugar en cada un dos grupos de traballo. Adxuntamos a presentación empregada nesta fase inicial previa á posta en práctica de cada un dos experimentos.

O alumnado pintou con sal as súas creacións propias libres comprobando a capacidade que ten o sal para absorber a humidade. Tamén descubrimos o que acontece coa fermentación empregando levadura, azúcar e un globo conseguindo como resultado que éste se infle. Outra das propostas que se levaron foi a elaboración de slime. Isto permitiu ir facendo comprobacións coas cantidades indicadas e introducir modificacións para obter finalmente a densidade esperada.

CONCLUSIÓNS: o alumnado foi expoñendo as súas aprendizaxes en canto a reaccións químicas se refire a raíz de desenvolver cada experimento. De forma xeral, podemos dicir que o pasaron xenial permanecendo conectados e motivados co que se estaba a facer en todo momento.