miércoles, 29 de diciembre de 2021

SESIÓNS DECEMBRO 2021: NATURNOVA

Nas sesións deste mes o alumnado participou no club de ciencias na compañía das experiencias científicas ofertadas por Naturnova de @afundacion_org 


Traballaron en pequenos grupos na creación de historias con programación robótica utilizando Scratch, 
experimentamos sensacións do corpo a través da música, inventamos as nosas propias cancións experimentando co makey-makey.... Aquí deixamos a entrada en instagram con todas as fotos das sesións: 


Ademais, un pequeno video resumo da xornada: 
 

miércoles, 1 de diciembre de 2021

INAUGURACIÓN CLUB DE CIENCIAS 2021-2022: CIENCIA EN MOVEMENTO

Neste curso escolar estamos de boas novas no club de ciencias!!! Resulta que xa puidemos facelo presencial e por iso estamos moi felices de dar comezo a novas experiencias científicas. 


CIENCIA EN MOVEMENTO 

@cienciamovimiento

Na nosa inauguración do club deste curso tivemos a sorte de contar coa participación de CEM (Ciencia en Movemento). Quenes actuaron como axentes externos de cara a motivar ao noso alumnado para o seu futuro coma cientific@s. 


Coma sesión inaugural o alumnado desfrutou de diversos experimentos baixo o lema: "Prohibido non tocar". Observaron a forza da auga, fixeron cromatografía, experimentaron coa electricidade e a conductividade.... 
Aquí vos queda o link dalgunha foto na entrada do noso Instagram do cole:  https://www.instagram.com/p/CWqxMe_KK4i/?utm_source=ig_web_copy_link


  • O video resumo da xornada: 

viernes, 28 de mayo de 2021

SESIÓNS MAIO E XUÑO : EXPERIMENTAMOS CO MAGNETISMO E CLAUSURA.





MATERIAL PREPARADO PARA AS SESIÓNS.




FALAMOS DAS PROPIEDADES DOS IMÁNS E EXPERIMENTAMOS.

- Os imáns son obxectos que crean un campo magnético ao seu arredosinvisible para o olllo humano.

- Os obxectos magnéticos conteñen ferro, niquel e cobalto.

EXPERIENCIA "POLOS OPOSTOS ATRÁENSE".

Probar a suspender dous imáns no aire e intentar xuntar os polos norte, os polos sur e os polos norte e sur.

EXPERIENCIA "QUE PASA SE CORTAMOS UN IMÁN EN DOUS?".

EXPERIENCIA "ATRAER CLIPS NUN VASO DE AUGA"

FACEMOS HIPÓTESIS ,  REXISTRAMOS E SACAMOS CONCLUSIÓNS.

VIDEO EXPLICACIÓN



EXPERIENCIA "OBSERVAMOS UN CAMPO MAGNÉTICO".

 As lineas dun campo magnético nunca se cruzan.




EXPERIENCIA " FACER UNHA BRÚXULA"







EXPERIENCIA "DETECTAR O FERRO NOS ALIMENTOS"


Primeiro encheron un prato con cereais e auga observando que os cereais se movían e xuntaban. Depois probamos a facelo machacando os cereais e fazendo unha masa con auga, e observábanse pequenos puntiños negros.







"ELABORACIÓN DE MASA MAGNÉTICA"

Creamos unha masa con fariña de maíz, auga, pintura e filamentos de imáns. Despois de amasar, tiñan unha pequena bolita coma de plastilina que atraía aos imáns.





VIDEO RESUMO DO TRBALLO FEITO NO CLUB.





viernes, 2 de abril de 2021

SESIÓNS MARZO E ABRIL: "As Leis de Newton".




 Estes son os materias que utilizamos para experimentar coas Leis de Newton.

Folla de rexistro para os nosos pequecientíficos.



A sesión comezou coa proxección deste video para coñecer máis a Isaac Newton.



E despois.... a experimentar coas tres leis de Newton.

1ª LEI "INERCIA" 

Todo corpo permanecerá en reposo ou movéndose a velocidade constante en línea recta , a non ser cunha forza externa o faga cambiar.


2ª LEI " FORZA"

 Para cambiar o estado de movemento dun obxexecto, debese aplicar unha forza externa .A cantidade de forza necesaria é proporcional á aceleración que adquire.


3ªLEI "ACCIÓN E REACCIÓN"

Se aplicamos unha forza sobre un obxecto, este aplica unha forza igual sobre o primeiro en sentido contrario.



Fixemos un disco de Newton, trátase dun dispostivo inventado por Isaac Newton que consiste nun círculo con sectores pintados cas cores vermella, naranja, amarelo, verde, cián, azul e violeta. Ao xiralo rápidamente, as cores combínanse formando a cor branza. Isto demostra que a luz branca está formada por as sete cores do arco da vella.





E tamén probamos a ver o que pasa cando a luz que da nun CD reflíctese nunha parede: 


E para rematar, fixemos helicópteros de papel que conseguimos que voaran e relacionamos o experimentos cas diferentes leis de Newton.







domingo, 7 de febrero de 2021

SESIÓNS TELEMÁTICAS XANEIRO E FEBREIRO : "A FORZA DO PAPEL"






Cada membro do Club recibe o enlace e os materiais necesarios e... LISTOS para COMEZAR o noso primeiro CLUB DE CIENCIAS TELEMÁTICO!!!

EXPERIMENTO 1.PIARES  DE PAPEL. 

Cantos libros crees que poden soster catro follas de papel ? é posible que a resposta nos sorprenda...

A través do chat fixéronse hipótesis, despois experimentamos e...sacamos conclusións.!!



Unha folla de papel plana noné moi forte pero cando se enrola formando un cilindro (pilar) convertese nunha estrutura ríxida. O dispoñer de catro piares( un en cada esquina) , o peso dos libros se distibue e os piares soportan máis carga. Esta configuración proporciona a combinación ideal de forza e equilibrio.


EXPERIMENTO 2: TORRE DE TRIÁNGULOS.

Cómo podes facer cartolinas o suficentemente sólidas para utilizalas como material de construcción?

A través do chat fixéronse hipótesis, despois experimentamos e...sacamos conclusións.!!

POIS... FORMANDO TRIÁNGULOS EQUILATEROS CON ELAS!!




Os triángulos son a forma máis forte e estable para construir. Os triángulos empregados  son equiláteros , isto quere dicir que os seus tres lados teñen a mesma lonxitude, o que os fai máis fortes. 

O triángulo e así de forte grazas ao difícil que resulta deformalo( romperíase antes de que isto sucedera).

Se utilizamos cadrados e exercemos presión na parte de arriba , deformaríanse inclinándose cara un dos seus lados , é dicir, a estructura desmoronaríase.

                                              EXPERIMENTO 3: PETARDO DE PAPEL

Queres converter unha folla de papel nun petardo? Segue o paso a paso.

Experimentamos e ... Sacamos Conclusións!!


O petardo de papel funciona grazas a presión do aire. Cando se baixa moi deprisa , o aire introdúcese nas dobras de papel de dentro e as obriga a abrirse tan rápido que se produce o estruendo.

VIDEO RESUMO DO PRIMEIRO CLUB DE CIENCIAS TELEMÁTICO.