jueves, 1 de junio de 2023

SESIÓN MAIO 2023

 

As experiencias que se desenvolveron estiveron relacionadas coa temática da auga. Os diferentes experimentos que fixemos foron un total de catro. Todo isto repartiuse en estacións nas que se dividiu ao alumnado en 4 grupos mixtos nos que facían ese experimento e despois rotaban cara ó seguinte, así ata que pasaban por todos os experimentos. 

 

CONCLUSIÓNS: esta derradeira xornada fíxose moi amena para o noso alumnado posto que a auga por si mesma sempre é causa de motivación. Na tensión superficial da auga o alumnado puido investigar a magnitude da forza que controla a forma do líquido. No experimento da refracción da luz observaron como cambiaba a dirección dun raio de luz ao pasar oblicuamente dun medio a outro. O experimento do arco da vella o alumnado desfrutouno moito e ao final derivou en realizar outro con CD’s no que observaban como a luz branca propagaba todas as cores do arco da vella. No derradeiro experimento fixemos un tornado de auga e xogamos coas burbullas de xabón.



viernes, 28 de abril de 2023

SESIÓN ABRIL 2023

 

As experiencias que se desenvolveron estiveron relacionadas coa robótica e a programación.Utilizamos para isto o programa Makey-Makey.Primeiramente estivemos observando que acontecía con experimentos xa feitos polas mestras previamente(se os nosos corpos eran condutores da enerxía ou non, se soltabamos a man dun compañeiro e paraba de funcionar o experimento).  

CONCLUSIÓNSas experiencias foron moi positivas e o alumnado desfrotou moito coas propostas durante as dúas xornadas.

Todas e todos estiveron moi motivadas e motivados.De feito, quedará pendente facer unha nova sesión nesta liña para o vindeiro club de ciencias do próximo curso. 



viernes, 3 de marzo de 2023

SESIÓN FEBREIRO 2023

 

O alumnado estivo traballando cos circuítos eléctricos para os que precisamos catro elementos básicos: un xerador (pila), un receptor (lámpada), un condutor (cobre, papel aluminio) e un interruptor. 

As experiencias que se levaron a cabo foron dúas concretamente. Unha actividade consistiu en crear un circuíto eléctrico sobre unha base e probar o interruptor con diferentes materiais: clips, la, plastilina, sal, depresores, plástico, papel, arame de cobre, limón, pataca… Poñían os materiais e ían probando a medida que facían conclusións e creaban as súas propias hipóteses. 

No seguinte experimento fixemos unha tarxeta con luz. O alumnado primeiro creou o seu deseño de tarxeta e decidiu onde quería incluír a lámpada LED. Algúns exemplos das creacións foron: among us con luz na pantalla, casa con luz nas fiestras, boneco con luz nos ollos, tarta con luz nas velas…

CONCLUSIÓNS: A través destes experimentos puideron aprender sobre a transformación da enerxía e como a enerxía pasa dun lugar a outro se ten un transmisor da mesma. Tiñan que estar pendentes de observar ben cales eran os erros e se non se emitía luz que era o que tiñan que mellorar no seu circuito (posición do LED, posición do interruptor, que o circuíto estivese ben pechado… 



jueves, 26 de enero de 2023

SESIÓN XANEIRO 2023

 

As experiencias que foron levadas a cabo estiveron relacionadas coa temática da Enerxía. Dividimos as sesións en experimento sobre a enerxía potencial elástica e outro experimento sobre a enerxía hidráulica. No primeiro, a idea era que o alumnado crease un vehículo con materiais de refugallo e no segundo, tiñan que crear unha turbina de auga con botellas plásticas reutilizadas. 


CONCLUSIÓNS: O alumnado aprendeu facendo e xeraron hipóteses diversas coma: “Imos conseguir que voe”, “A botella vai romper”... Finalmente, o noso vehículo conseguiu moverse grazas á forza potencial elástica, xa que ao enrolar o elástico acumúlase a enerxía. Por outra banda, no experimento da turbina o alumnado conseguiu observar a forza da auga e puideron observar que a medida que se enche a botella a auga ía saíndo con máis forza e a turbina comezaba a xirar con máis forza. 



jueves, 22 de diciembre de 2022

SESIÓN DECEMBRO 2022

 

Despedimos o primeiro trimestre cunha xornada moi entretida na cal tiveron cabida diferentes estacións científicas de nadal.

Cociñamos turrón falando primeiramente dos ingredientes dos que dispomos para seguidamente adentrarnos na elaboración da receita. Durante o proceso fomos descubrindo os diferentes cambios de estado. Outro experimento de Nadal foi  elaborar neve artificial  o que nos permitiu ir experimentando coas cantidades para conseguir así diferentes efectos.

A construción de estruturas de xeo instantáneo gustoulle moito ao alumnado tendo que por a proba a súa paciencia no transcurso do proceso para, finalmente, conseguir o resultado esperado.

 CONCLUSIÓNS: as experiencias que se levaron a cabo resultaron moi dievrtidas para o alumnado o que fixo que estivesen moi motivados e participativos durante a xornada. 



viernes, 2 de diciembre de 2022

SESIÓN NOVEMBRO 2022

 

As experiencias que se levaron a cabo na segunda sesión do club de ciencias xiraron entorno á experimentación con reaccións químicas. Comezamos falando un pouco acerca de qué entendemos por este termo para posteriormente dar paso aos experimentos que tiveron lugar en cada un dos grupos de traballo. Adxuntamos a presentación empregada nesta fase inicial previa á posta en práctica de cada un dos experimentos.

O alumnado pintou con sal as súas creacións propias libres comprobando a capacidade que ten o sal para absorber a humidade. Tamén descubrimos o que acontece coa fermentación empregando levadura, azúcar e un globo conseguindo como resultado que éste se infle. Outra das propostas que se levaron foi a elaboración de slime. Isto permitiu ir facendo comprobacións coas cantidades indicadas e introducir modificacións para obter finalmente a densidade esperada.

CONCLUSIÓNS: o alumnado foi expoñendo as súas aprendizaxes en canto a reaccións químicas se refire a raíz de desenvolver cada experimento. De forma xeral, podemos dicir que o pasaron xenial permanecendo conectados e motivados co que se estaba a facer en todo momento.



martes, 1 de noviembre de 2022

SESIÓN OUTUBRO 2022

 


BENVIDA: Comezamos a xornada cunha motivación inicial, inaugurando o comezo do club de cencias. Para iso, colocámonos en gran grupo, presentamos ás profes que traballarán no club de ciencias ao longo do curso e distribuímos as batas. Asimesmo, tamén explicamos as propostas que terán lugar nesta primeira xornada.

As experiencias que se levaron a cabo estiveron guiadas polas mestras nos pequenos grupos de traballo. O alumnado experimentou facendo mesturas con diferentes sustancias, botellas gasosas e globos conxelados facendo uso de pipetas. Outra das propostas levadas a cabo foi a piscina con sustancias newtonianas na cal o alumnado tiña que intentar sair da mesma experimentando coa presión da forza nos pés.

CONCLUSIÓNS: o alumnado foi expoñendo as súas aprendizaxes a raíz de desenvolver cada experimento. Tiñan cabida en todo momento as súas aportacións e pensamento crítico cara o acontecido. Os resultados foron os esperados no sentido de que o alumnado quedou motivado e con ganas de asistir á vindeira sesión do Club.