DESCRICIÓN DO PROXECTO


Preséntase o Club de Ciencias  como un espazo de aprendizaxe baseado na indagación e a manipulación, no que alumnado aprenderá facendo. Implulsando as vocacións STEM e espertando a motivación do noso alumnado.

Partiremos do método científico para resolver as tarefas propostas. Como elemento motivador empregarase a gamificación ou ludificación. A narrativa é a seguinte:

Os nosos alumnos/as convertiránse en biólogos que terán diferentes misións como a de analizar problemas relacionados coa protección das especies animais  e o coidado do seu medio, garantindo así un desenvolvemento sostible.

Todas as actividades que se leven a cabo serán relacionadas co noso proxecto de centro sobre os animais, elexido polo noso alumnado a través do seu órgano de participación “O Consello dos Nen@s”.
Estas propostas de traballo desenvolverán todas as competencias prestando un especial fincapé na de ciencia e tecnoloxía, Entre outros ámbitos que abordaremos, centrarémonos nos  Sistemas biolóxicos,  propios dos seres vivos dotados dunha complexidade orgánica que  é  preciso  coñecer  para  preservalos  e  evitar  a súa  deterioración.  Forma parte esencial  desta  dimensión competencial o coñecemento de canto afecta á alimentación, hixiene e saúde  individual  e  colectiva,  así como    a   habituación  a condutas    e  adquisición  de valores    responsables para o ben común inmediato e do planeta na súa  globalidade.

Coas experiencias que realicemos trataremos de impulsar as “vocacións STEM” en todos os seus ámbitos tendo en conta as inquedanzas do alumnado e fomentando en todo momento a súa creatividade. Así como dar continuidade ao proxecto de centro iniciado o curso anterior, dun xeito máis práctico,“Un proxecto de ciencia e tecnoloxía cheo de vida” (http://cienciaetecnoloxiacheodevida.blogspot.com).


No hay comentarios:

Publicar un comentario