viernes, 2 de abril de 2021

SESIÓNS MARZO E ABRIL: "As Leis de Newton".




 Estes son os materias que utilizamos para experimentar coas Leis de Newton.

Folla de rexistro para os nosos pequecientíficos.



A sesión comezou coa proxección deste video para coñecer máis a Isaac Newton.



E despois.... a experimentar coas tres leis de Newton.

1ª LEI "INERCIA" 

Todo corpo permanecerá en reposo ou movéndose a velocidade constante en línea recta , a non ser cunha forza externa o faga cambiar.


2ª LEI " FORZA"

 Para cambiar o estado de movemento dun obxexecto, debese aplicar unha forza externa .A cantidade de forza necesaria é proporcional á aceleración que adquire.


3ªLEI "ACCIÓN E REACCIÓN"

Se aplicamos unha forza sobre un obxecto, este aplica unha forza igual sobre o primeiro en sentido contrario.



Fixemos un disco de Newton, trátase dun dispostivo inventado por Isaac Newton que consiste nun círculo con sectores pintados cas cores vermella, naranja, amarelo, verde, cián, azul e violeta. Ao xiralo rápidamente, as cores combínanse formando a cor branza. Isto demostra que a luz branca está formada por as sete cores do arco da vella.





E tamén probamos a ver o que pasa cando a luz que da nun CD reflíctese nunha parede: 


E para rematar, fixemos helicópteros de papel que conseguimos que voaran e relacionamos o experimentos cas diferentes leis de Newton.