jueves, 1 de junio de 2023

SESIÓN MAIO 2023

 

As experiencias que se desenvolveron estiveron relacionadas coa temática da auga. Os diferentes experimentos que fixemos foron un total de catro. Todo isto repartiuse en estacións nas que se dividiu ao alumnado en 4 grupos mixtos nos que facían ese experimento e despois rotaban cara ó seguinte, así ata que pasaban por todos os experimentos. 

 

CONCLUSIÓNS: esta derradeira xornada fíxose moi amena para o noso alumnado posto que a auga por si mesma sempre é causa de motivación. Na tensión superficial da auga o alumnado puido investigar a magnitude da forza que controla a forma do líquido. No experimento da refracción da luz observaron como cambiaba a dirección dun raio de luz ao pasar oblicuamente dun medio a outro. O experimento do arco da vella o alumnado desfrutouno moito e ao final derivou en realizar outro con CD’s no que observaban como a luz branca propagaba todas as cores do arco da vella. No derradeiro experimento fixemos un tornado de auga e xogamos coas burbullas de xabón.