O 27 e 28 de novembro tivemos sesión do Club de Ciencia.
Na seguinte sesión do Club de Ciencia continuamos traballando coas reaccións químicas, esta vez con propostas moi creativas e divertidas.
Os experimentos que fixemos foron:
-
Facer slime: mesturamos cola branca con bórax (ou solución activadora) para crear slime, un material elástico que cambia de textura grazas a unha reacción química.
-
Pegatinas para fiestras: usamos cola e colorantes para facer figuras que, unha vez secas, se poden pegar e despegar dos cristais. Unha maneira divertida de ver como a mestura cambia ao secar.
-
Pintura sobre sal: debuxamos con cola sobre cartolina, botamos sal por riba e despois pintamos cun pincel mollado en colorante. A cor espállase polo sal creando efectos moi vistosos, grazas á capilaridade e ás propiedades do sal.
Estes experimentos axudáronnos a ver que as reaccións químicas tamén poden formar parte do mundo da arte e da creatividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario