Continuamos experimentando coa luz o 25 e 26 de febreiro.
Na seguinte sesión do Club de Ciencia continuamos experimentando co aire, esta vez centrándonos nas súas propiedades físicas: presión, volume, movemento e temperatura.
Os experimentos que fixemos foron:
-
Lei de Boyle cun globo, unha botella e unha palliña: observamos como, ao cambiar a presión dentro dunha botella, varía o volume dun globo no seu interior, axudándonos a reflexionar sobre a relación entre presión e volume.
-
Hovercraft caseiro: fixemos un pequeno hovercraft cun CD, un globo e unha tapa. Ao saír o aire, o CD deslizábase suavemente sobre a mesa, demostrando como o aire pode reducir a fricción.
-
Compresión do aire cunha xiringa: tapando o burato da xiringa e empuxando o émbolo, sentimos a resistencia do aire, comprobando que o aire ocupa espazo e pódese comprimir.
-
Efecto Joule-Thomson cun chisqueiro e unha lata: ao deixar saír o gas do chisqueiro sobre unha lata, observamos como baixa a temperatura rapidamente, provocando condensación ou incluso escarcha, debido ao efecto de expansión do gas.
Foi unha sesión chea de fenómenos interesantes, onde aprendemos que o aire, aínda que non se ve, ten propiedades físicas que podemos estudar e medir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario