O 28 e 29 de xaneiro tivemos o primeiro Club de Ciencia o ano 2025.
Experimentamos co aire e a luz.
Nesta sesión do Club de Ciencia seguimos investigando o comportamento do aire, centrando a atención na súa presión e na súa capacidade de compresión.
Os experimentos que fixemos foron:
-
Aspiradora e bolsa de lixo: metemos a un neno ou nena dentro dunha bolsa de lixo grande (con coidado e seguridade) e usamos unha aspiradora para sacar o aire. Así comprobamos como o aire do exterior presiona a bolsa contra o corpo, facendo que se "pegue" coma unha segunda pel. Este experimento serviu para entender como actúa a presión atmosférica cando eliminamos o aire do interior.
-
Inflado e desinflado con presión: fixemos tamén pequenas demostracións de como o aire pode inflar obxectos e como, ao quitar ese aire, os corpos se comprimen.
Máquina de fume caseira: construímos unha máquina de fume cunha caixa de cartón pechada, cun burato redondo e botellas de auga baleiras adaptadas como pompadores. Ao dar un golpe nas botellas, o aire saía pola caixa formando aros de fume, demostrando como se move o aire e como se pode facer visible cun pouco de vapor.
Fluorescencia: experimentamos con diferentes materiais (como rotuladores fluorescentes ou tónicas) e iluminámolos con luz ultravioleta. Descubrimos como algunhas substancias emiten luz cando son iluminadas, un fenómeno chamado fluorescencia.
Estes experimentos axudáronnos a ver o aire en movemento e a descubrir unha luz que normalmente non vemos. Foron actividades que mesturaron ciencia, creatividade e moita curiosidade.