“Despois de todo, que é un científico entón? É un Home curioso que mira a través do ollo dunha Pechadura, a Pechadura da natureza, tratando de saber que é o que sucede.”(Jacques Yves Cousteau)
Despedimos o primeiro trimestre cunha xornada moi entretida na cal contamos coa presenza de David Ballesteros.
CONCLUSIÓNS: Os experimentos que se levaron a cabo nesta última xornada do trimestre despertaron moito interese na rapazada o que fixo que estivesen moi motivados e participativos.
As experiencias que se levaron a cabo na segunda sesión do club de ciencias xiraron entorno ó círculo de newton. O segundo taller do curso consistía en ensinarlles as cores das que está composta a luz. Primeiro experimentamos cunha roda de cores para entender cómo se forma a luz con estas cores, e na segunda parte fixemos o paso contrario de descompoñer a luz en todalas súas cores, usando un CD como soporte.
MATERIAIS: cartolina, lapis, tesoiras, cinta adhesiva, punzón, cola, un debuxo, unha linterna e un CD.
CONCLUSIÓNS: multitudinaria afluencia de rapazada da escola. Tralo éxito da primeira sesión, nesta segunda tivemos un aumento dun 20% de alumnado. O alumnado participa moito nas interaccións que se lle propoñen, e traballan solicitando axuda cando a precisan. O ambiente e moi bo e vese moito compañeirismo xa que uns axudan ós outr@s.
Comezamos a xornada cunha motivación inicial, inaugurando o comezo do club de cencias. Para iso, colocámonos en gran grupo, presentamos ó profesorado que traballará no club de ciencias ao longo do curso e distribuímos as batas. Asimesmo, comentamos cómo vai ser o transcurso desta primeira xornada.
As experiencias que se levaron a cabo estiveron guiadas polas mestras nos pequenos grupos de traballo. O primeiro taller do curso consistía en ensinarlles as nosas e os nosos pequenos científicos a crear unha ilusión óptica usando unha pequena pirámide construida por elas e eles.
MATERIAIS: Acetato, cartolina negra, rotulador, regra, tesoiras, cinta adhesiva e tableta dixital. CONCLUSIÓNS: A expectación por parte do alumnado era máxima ante a primeira actividade o que facilitou moito o desenvolvememto da sesión.
As experienciasque se desenvolveron estiveron relacionadas coa temática da auga. Os diferentes experimentos que fixemos foron un total de catro. Todo isto repartiuse en estacións nas que se dividiu ao alumnado en 4 grupos mixtos nos que facían ese experimento e despois rotaban cara ó seguinte, así ata que pasaban por todos os experimentos.
CONCLUSIÓNS: esta derradeira xornada fíxose moi amena para o noso alumnado posto que a auga por si mesma sempre é causa de motivación. Na tensión superficial da auga o alumnado puido investigar a magnitude da forza que controla a forma do líquido. No experimento da refracción da luz observaron como cambiaba a dirección dun raio de luz ao pasar oblicuamente dun medio a outro. O experimento do arco da vella o alumnado desfrutouno moito e ao final derivou en realizar outro con CD’s no que observaban como a luz branca propagaba todas as cores do arco da vella. No derradeiro experimento fixemos un tornado de auga e xogamos coas burbullas de xabón.
As experiencias que se desenvolveron estiveron relacionadas coa robótica e a programación.Utilizamos para isto o programa Makey-Makey.Primeiramente estivemos observando que acontecía con experimentos xa feitos polas mestras previamente(se os nosos corpos eran condutores da enerxía ou non, se soltabamos a man dun compañeiro e paraba de funcionar o experimento).
CONCLUSIÓNSas experiencias foron moi positivas e o alumnado desfrotou moito coas propostas durante as dúas xornadas.
Todas e todos estiveron moi motivadas e motivados.De feito, quedará pendente facer unha nova sesión nesta liña para o vindeiro club de ciencias do próximo curso.
O alumnado estivo traballando cos circuítos eléctricos para os que precisamos catro elementos básicos: un xerador (pila), un receptor (lámpada), un condutor (cobre, papel aluminio) e un interruptor.
As experienciasque se levaron a cabo foron dúas concretamente. Unha actividade consistiu en crear un circuíto eléctrico sobre unha base e probar o interruptor con diferentes materiais: clips, la, plastilina, sal, depresores, plástico, papel, arame de cobre, limón, pataca… Poñían os materiais e ían probando a medida que facían conclusións e creaban as súas propias hipóteses.
No seguinte experimento fixemos unha tarxeta con luz. O alumnado primeiro creou o seu deseño de tarxeta e decidiu onde quería incluír a lámpada LED. Algúns exemplos das creacións foron: among us con luz na pantalla, casa con luz nas fiestras, boneco con luz nos ollos, tarta con luz nas velas…
CONCLUSIÓNS: A través destes experimentos puideron aprender sobre a transformación da enerxía e como a enerxía pasa dun lugar a outro se ten un transmisor da mesma. Tiñan que estar pendentes de observar ben cales eran os erros e se non se emitía luz que era o que tiñan que mellorar no seu circuito (posición do LED, posición do interruptor, que o circuíto estivese ben pechado…
As experiencias que foron levadas a cabo estiveron relacionadas coa temática da Enerxía. Dividimos as sesións en experimento sobre a enerxía potencial elástica e outro experimento sobre a enerxía hidráulica. No primeiro, a idea era que o alumnado crease un vehículo con materiais de refugallo e no segundo, tiñan que crear unha turbina de auga con botellas plásticas reutilizadas.
CONCLUSIÓNS: O alumnado aprendeu facendo e xeraron hipóteses diversas coma: “Imos conseguir que voe”, “A botella vai romper”... Finalmente, o noso vehículo conseguiu moverse grazas á forza potencial elástica, xa que ao enrolar o elástico acumúlase a enerxía. Por outra banda, no experimento da turbina o alumnado conseguiu observar a forza da auga e puideron observar que a medida que se enche a botella a auga ía saíndo con máis forza e a turbina comezaba a xirar con máis forza.